gal/cast
ExperienciaEficaciaEficiencia
Lago & Porta Abogados en Santiago de Compostela (A Coruña)

Lago & Porta Avogados SCP, é un despacho de avogados multidisciplinar fundado polos letrados Xosé Manuel Lago Louro e Eduardo Jaime Porta Viú, pertencentes ó Ilustre Colexio de Avogados da Coruña e ó Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela respectivamente. Caracterízase por ofrecer ós seus clientes un traballo de calidade, baseado nuns principios esenciais como son a honestidade, a ética, a perseverancia, a análise minuciosa do dereito e o esforzo continuo de superación.

Estes fundamentos fan que o seu traballo responda dun xeito eficiente e eficaz ás necesidades dos seus clientes, con quen manteñen unha relación que ten como alicerces fundamentais, a confianza, o respecto e a empatía.